O noso Club

O proxecto deportivo

Promovemos a nosa Escola, como base do Club

O proxecto deportivo constrúese desde a base, formando en valores como a deportividade, o compañerismo e a igualdade. 

Recollendo os/as xogadores/as das categorías inferiores, contamos con equipos en categorías nacionais, tanto na modalidad e de hóckey herba como na de hóckey sala.

Na tempada 2025/26 o equipo sénior compite en Primeira Nacional de HH, e disputaremos en febreiro 2026 a Fase Final do Campionato de España de HS. 

Escola deportiva

Contamos cunha Escola afianzada, con equipos en todas as categorías, e sustentada pola formación de xogadores/as en diferentes colexios da nosa cidade.

Adestradores

Técnicos deportivos con titulacións a nivel nacional, para dar unha formación cualificada no ámbito deportivo e social.

Masa social

Máis cun Club, somos unha familia. Desde os máis cativos hasta os maiores, xuntos facemos un proxecto sólido, onde todos/as son partícipes e importantes.

Historia CH Barrocás

Club Hóckey Barrocás ten a súa orixe no ano 1990, no barrio ourensán de Barrocás, onde contaba cunha boa canteira de xogadores. O barrio foi sempre un viveiro de xogadores para o club, que aos poucos foi incorporando membros procedentes doutras partes da cidade.

Tras 35 anos, no camiño quedan varias tempadas en División de Honra A e B, competindo cos mellores equipos nacionais. En Hóckey Sala, o club atesoura numerosos títulos de Campión galego, e varias medallas de bronce nas Fases Finais de Campionatos de España.

Na actualidade, o proxecto deportivo céntrase no crecemento da nosa Escola, e no obxectivo de lograr o ascenso á División de Honra B, co equipo sénior masculino.

Xuntos construímos o noso proxecto

Os nosos patrocinadores

A nosa Escola

A formación dos máis pequenos/as é o futuro do noso Club

O proxecto deportivo constrúese desde a base, formando en valores como a deportividade, o compañerismo e a igualdade. 

south american football flyerposter 02 print

Os nosos equipos Hóckey sala

prebenxamin mixtohs

PreBenxamín mixto

benxamin mixto hs

Benxamín mixto

alevin fem hs

Alevín feminino

cadete sector santander

Cadete masculino

segundadivisionsala

2ª División HS

camphockeysala

1ª División HS

Actualidade do Club

camphockeysala

Campionato España HS

O equipo sénior logrou a sexta posición no Campionato de España de hóckey sala.

novasequipacions

Novas equipacións

Novas equipacións para os equipos do Club, grazas ao patrocinio de Aceites Abril.

primeiradiv hs

Campionato galego HS

O equipo sénior proclamouse Campión galego de hóckey sala, en A Coruña.